A alcaldesa responde

A Deputación de Pontevedra supervisa as melloras no polígono industrial da Freixeira, en Cachafeiro

A alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel, acompañou aos deputados provinciais Santos Héctor Rodríguez e Manuel González esta semana na súa visita ao polígono da Freixeira, en Cachafeiro, para supervisar as actuacións levadas a cabo nesta área industrial do Concello de Forcarei. Na visita estiveron tamén as concelleiras Paula Vázquez e Ana Doval.A Deputación de Pontevedra achegou 20.000 euros a través do Plan Concellos para a primeira fase dos traballos, a mellor da capa de rodadura de boa parte da rúa Norte, chegando a unha superficie duns 5.000 metros cadrados, que se atopaba moi deteriorada polo paso do tempo e o constante tráfico de vehículos. A actuación incluíu o recalce das tapas de rexistro así como da reixa lonxitudinal existente na marxe dereita da rúa, incorporando, ademais, un bordo rebaixado nos illotes.Posteriormente executouse unha segunda fase que tamén contou coa colaboración da institución provincial para completar a mellora integral das vías do polígono, coa renovación do pavimento e instalacións nunha área de 4.600 metros cadrados, e a sinalización e pintado nunha lonxitude de 900 metros lineais. Habilitáronse catro pasos de peóns e sinalizouse especificamente un itinerario peonil. Esta actuación tivo tamén financiación da Xunta de Galicia.Así mesmo, o Concello de Forcarei prevé a renovación do alumeado público do polígono empresarial, que pasará a contar con luminarias LED grazas a un convenio asinado coa Deputación que conta con fondos do IDAE.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​