Emocionate coa gastronomía
festas gastronómicas de forcarei
No terreo gastronómico, resulta doado aprecia-la cociña típica de Forcarei e da Terra de Montes, na que podemos degusta-la galiña ó sal ou trufada, a caza e pesca, a carne ó caldeiro, o cocido, a croca e, sobre todo, o prato por excelencia da nosa cociña artesá, a carne richada.
festa da richada
A carne richada é o prato típico por autonomasia do concello de Forcarei. Este xurdiu unido a Ruta dos Arrieiros, un sendeiro tradicional utilizado para transportar o viño producido nas fincas dos mosteiros e outros produtos da zona ata os puntos de venda da época.
A Festa da Richada celebrouse por primeira vez no 1976, e tras ser interrompida a súa celebración foi recuperada pola Concellería de Cultura do Concello de Forcarei.
Achéganse ata esta festa, celebrada o primeiro domingo de Nadal comensais de toda Galicia e ano tras ano medra a afluencia de persoas que deciden degustar este prato tan exclusivo da gastronomía do municipio
festa do cogomelo de soutelo
A festa do cogomelo celebrase en Soutelo de Montes dende o ano 1999 no mes de novembro. Cada outono visitan esta exaltación milleiros de persoas para degustar os cogomelos recollidos nos prados da bisbarra tras as primeiras choivas da estación.
Cabe destacar que os pratos servidos confeccionanse engadindo cogomelos a outros manxares: callos, arroz, carne de xabaril, etc. E para goce de todos os visitantes compleméntanse con sobremesas caseiras tan recoñecidas como as deliciosas filloas.
Nos últimos anos celebrouse unha feira tradicional que xa forma parte do calendario de feiras sustentables de Galicia, na que se poñen en valor os produtos artesáns da terra
outras festas gastronómicas
En Forcarei, ademais das citadas celebracións, realízanse anualmente: a Festa da Convivencia en Meavía (O carneiro ó Espeto, o segundo fin de semana de Agosto), Festival Folk CHURRUCHAO, coa festa da Croca (o primeiro fin de semana de Agosto),
Festa do Caracol en A Graña de Umia, Quintillán (O segundo fin de semana de Agosto)