Protección Civil
Protección civil e un servizo publico que se orienta a prevención das situacións de grave risco colectivo , tanto por catástrofes , accidentes de circulación, fenómenos meteorolóxicos ou control de masas por grandes eventos.
PROTECCIÓN CIVIL
Protección civil atende o telefono as 24h dos 365 días do ano, e conta coa colaboración de 6 voluntarios que desempeñan a súa función de maneira altruísta , dedicando parte do seu tempo e esforzo a traballar por a seguridade de todos os veciños
- Enderezo: Praza da Igrexa nº 1 (Forcarei)
- Teléfono: 606 40 18 33
- Fax: 986 75 40 82
- Enderezo electrónico:proteccioncivil@forcarei.gal
- Emerxencias:112
Grupos
O equipo de persoas que integran esta agrupación de voluntarios sen animo de lucro está composto por:
- Voluntarias ou voluntarios: son persoas constantes, que cobren os servizos mínimos.
- Colaboradores: son persoas ás que se avisa en caso extremo de falta de persoal ou en servizos multitudinarios.
funcións do corpo
As funcións básicas de Protección Civil son:
- Colaborar cos corpos e forzas do estado na búsqueda de desaparecidos.
- Colaborar coa central de emerxencias 112 , e cos demais corpos de emerxencia na asistencia a feridos en accidentes de trafico ,
- Colaborar cos bombeiros e cos servizos de extinción de incendios , na sofocación tanto de lumes forestais como urbanos , tendo como máxima "mobilizarse sempre que periguen bens ou vidas humanas”
- O control de masas , por festas ,eventos deportivos , manifestacións ….
- O control e recollida de animais perigosos ou abandoados
- Colaborar , tanto na elaboración coma na execución dos plans e protocolos de actuación en Emerxencias Municipais
Todos eles cos séus correspondentes equipos e preparados para calquer aviso que poidan ter do 112.
As funcións básicas de Protección Civil son:
- Un camión todoterreo , de extinción de incendios forestais equipados con cisterna de 4.000 litros de auga e material de extinción
- Dúas cuñas quitaneves , para a limpeza de pistas municipais durante as nevaradas do inverno, unha delas acoplable ó tractor Muncipal, o que permite un traballo axil.
- Dóus coches todoterreo modelo Nissan Qascai e Nisan Patrol , con equipo de comunicación Trunking da rede da Xunta de Galicia
- Material de estabilización de feridos , colchón de bacío, padiola de pas , férulas e collaríns e equipos de comunicación da rede de Concello
Así mesmo a día de hoxe , protección civil atende o telefono as 24h dos 365 días do ano, e conta coa colaboración de 6 voluntarios que desempeñan a súa función de maneira altruísta , dedicando parte do seu tempo e esforzo a traballar por a seguridade de todos os veciños. Todos eles contan coa formacion básica e complementada e nalgún caso con formación en materia de excarcelación, tratamento de enxamios de abellas e avespas, soporte vital basico, accidentes en estradas, apoio terrestre a aeronaves de emerxencia, intervención de unidades caninas de rescate en búsqueda de persoas, protocolo de intervención ante avispas asiáticas, entre outros moitos.