A alcaldesa responde

Servizo rexistro vivenda

Servizo para a vivenda

DATOS DE CONTACTO PARA ATENCIÓN E CITA PREVIA

Que é?

O servizo de Rexistro de Vivenda e Bens do Concello de Forcarei ten como obxectivo ofrecer un servizo público e gratuíto de búsqueda de vivenda coa finalidade de facilitar e asesorar en todo o proceso a todas aquelas persoas interesadas en instalarse no municipio, ben sexa en réxime de alugueiro ou en réxime de adquisición mediante compra.

A través do servizo de Rexistro de Vivendas e Bens créase unha base de datos de demandantes e ofertantes de vivenda e bens do Concello de Forcarei. Ofértase como un servizo gratuíto no cal o Concello actúa como mediador entre ofertantes e demandantes de vivenda co fin de facilitar o acceso á residencia no municipio.

O seu ámbito de actuación é municipal, dependendo orgánica e funcionalmente do propio Concello, carece de personalidade xurídica propia e está configurado como un servizo municipal.

Como funciona?

Todas as persoas que dispoñan dunha vivenda sita no Concello de Forcarei poden incorporala ao rexistro de ofertantes de vivenda co obxectivo de outorgarlle difusión entre os posibles interesados no inmoble. Para dar de alta un ben no rexistro é necesario cubrir o formulario de “Ofertantes de Vivenda” no cal se autoriza a publicar os datos do ben que se desexa incorporar ao rexistro.

Pola súa banda, todas as persoas interesadas en trasladarse a unha vivenda sita no Concello, ben sexa para adquirila en propiedade ou ben en réxime de alugueiro, poden acudir a este servizo para consultar todas as propiedades dispoñibles, facilitando deste xeito a súa búsqueda de vivenda.

O Concello non se fai responsable de vicios ocultos, mala fe ou malas prácticas que sexan imputables á persoa ou empresa que firman a autorización.

O Concello unicamente actúa como mediador entre ofertantes e demandantes de vivenda, de maneira que os contratos que xurdan a través deste rexistro son unicamente celebrados entre as persoas propietarias e as persoas compradoras ou arrendatarias.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​