A alcaldesa responde

Instalacións municipais

O concello de Forcarei pon a disposición da cidadanía as súas instalacións municipais

Pista de Pádel (Forcarei)

Todas as persoas que queiran reservar hora para xogar na pista de pádel de Forcarei ( ó lado do pavillón polideportivo), deberan presentar a solicitude con dous días de antelación nas oficinas xerais do Concello ou por instancia telemática. Dita solicitude irá acompañada do xustificante de pago da pista por 6 Euros 1 hora e 15 min.

Ademáis pode consultar no correo electrónico solicitudeinstalacions@forcarei.gal a dispoñibilidade, condicións de uso, etc.

O pago debe efectuarse nas contas do Concello de Forcarei ES18 2080 5032 7531 1000 0778 ou na conta ES94 0049 2793 9210 1001 5050

Circuíto de karting de A Madalena

O Circuíto de Karting da Madalena localizase no lugar de Soutelo de Montes. Xurdiu para dar resposta a unha demanda, cada vez máis en auxe entre a mocidade. Un proxecto que aposta pola revitalización do concello de Forcarei mentres proporciona un espazo e servizos axeitados a práctica segura do deporte do motor.

O circuíto foi posible grazas ó respaldo económico da Excelentísima Deputación de Pontevedra e a xenerosidade da “Comunidade de Montes da Madalena” a cal cedeu parte do terreo onde se atopa hoxe en día o circuíto.

Hoxe en día o Circuíto de A Madalena é un dos epicentros do mundo do motor de Galicia. En el lévanse a cabo actividades  de todo tipo: competicións deportivas de índole autonómica, nacional, europea e mundial., cursos de pilotaxe, celebracións, concentracións moteiras, etc. 

Campo de fútbol

Rúa tras Grupo Escolar, 3, 36550 Forcarei, Pontevedra.

O campo de fútbol municipal está situado na zona de equipamentos do núcleo urbano de Forcarei e conta cunhas modernas instalacións para desfrute da veciñanza e adecuado a unha práctica deportiva inclusiva.

outras instalacións deportivas

Destacan as pistas de tenis ao aire libre ubicadas nos núcleos de Forcarei e Soutelo, as cales se pode acceder libremente e nas que se celebran diversos torneos coincidentes coas festas patronais de San Roque (Soutelo) e os Dolores (Forcarei).

Outros dous espazos dispoñibles son as piscinas municipais que permanecen abertas durante a campaña de verán (de xuño a setembro) en horario de 12:00 a 20:30 tódolos días da semana, nas que ademais se imparten cursiños de natación para nenos e adultos.

Outros espazos deportivos son os dous pavillóns municipais situados un en Forcarei (Pavillón Deportivo Paco Rubio) e o outro en Sóutelo ( Pavillón Municipal Soutelo de Montes) nos cales se poden practicar todo tipo de actividades deportivas dende o demandado fútbol sala ata o patinaxe pasando por tenis, baloncesto, voleibol etc.

O pavillón de Soutelo conta ademais con unha sala de ximnasio equipada con diferentes máquinas ( cinta, bicicleta estática, banco exercicios,…). A esta sala só poden acudir persoas de mais de dezaoito anos de idade. 

centro social

Atópase emprazado en Forcarei, na Rúa Regueira nº 21, onde se encontran as seguintes dependencias e servizos:

  • SALÓN DE ACTOS, onde se levan a cabo toda as actividades organizadas no Centro Social.

Auditorio de Soutelo

O auditorio de Soutelo é un lugar equipado para a celebración de todo tipo de actividades culturais: concertos, obras teatrais, conferencias, proxeccións cinematográficas, etc.

Este espazo acolle dende o ano 2021 o novo Centro Etnográfico da Terra de Montes (Cetmo). Con esta actuación distribuíuse o local de cerca de 150 metros cadrados, en dous espazos diferenciados con unha zona de acceso con capacidade para albergar entre 15 e 20 persoas, na que se poderá consultar material de promoción e bibliográfico ademais dun recorrido pola colección con vitrinas para as pezas, paneis explicativos e unha zona de proxección.

centros de saude

O noso Concello, debido a gran superficie que abarca ( 167,7 km2) e a gran dispersión xeográfica conta con dóus Centros de Saúde, situados nos núcleos de poboación máis importantes: Forcarei e Soutelo de Montes.

Centro de saúde de Forcarei

Praza da Feira s/n.(ó lado da Garda Civil)
tel: 986 75 53 15

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​