Emocionate en vacacións
A climatoloxía de Forcarei e un atractivo para o turista. Con invernos relativamente suaves e sen veráns demasiado calurosos. O noso concello ademais é o destino indicado para os visitantes que escapan de lugares masificados e prefiren pasar o seu tempo de lecer de forma relaxada e conectados coa natureza e a tradición.
O concello de Forcarei atesoura no seu territorio un patrimonio natural e cultural único.
O noso destino é un lugar idóneo para pasar os períodos vacacionais, un lugar afastado do bulicio pero situado a menos de unha hora das cidades de Santiago de Compostela e Pontevedra e a unha hora da vila termal de Ourense.
O aloxamento é abundante, maioritariamente en casas de turismo rural e hostais, chegando a unha capacidade dunhas 190 prazas.
A oferta cultural complementase no verán coa programación de varios espectáculos, romarías e festas.
turismo de lecer
O Concello de Forcarei conta con unha ampla oferta de espazos de lecer e descanso durante a época estival ademais dun conxunto de instalacións onde practicar deporte ao longo do ano.
piscinas municipais
As piscinas municipais permanecen abertas durante a campaña de verán (de xuño a setembro). en horario de 12:00 a 20:30 tódolos días da semana.
En estas instalacións que ademáis de impartirse cursiños de natación para nenos e adultos, se pode practicar aquagim ou tamén desfrutar do baño libre.
O territorio de Forcarei é un espazo ideal para practicar deportes ao aire libre como sendeirismo, rutas BTT, andainas polo monte como a ruta ata a Fervenza da Graña de Trasdomonte (ver ruta en wikiloc) ou mesmo barranquismo no río Carballás en Presqueiras.
Se queres saber máis do noso destino e da contorna podes informarte na web do GDR Pontevedra Norte mediante o seguinte enlace: Destinos turísticos – Pontevedra Norte