Emociónate
Turismo de forcarei
Forcarei é un paraíso verde, onde a vexetación, a auga e o ceo conxungan para ofrecerlle o visitante unha experiencia inesquecible.
A natureza é un dos atractivos máis singulares do concello, máis de 2.190 hectáreas de superficie arborada, na meirande parte por especies frondosas autóctonas como o carballo e o castiñeiro.
Un entorno favorecido medioambientalmente pola presencia de varios espazos protexidos: a zona que abrangue a Lagoa Sagra e mailos humidais ou brañas de Xestoso, a Serra do Candán, na que destaca o val de Grobas, e unha porción da Serra do Cando..