A alcaldesa responde

Emocionate en familia

Forcarei é un concello tranquilo e seguro para a actividade en familia. Son abundantes os espazos naturais e afastados das estradas e do bulicio das cidades. 

Os muiños, pontes e sendeiros poden ser lugares fascinantes para os cativos se os pais lles axudan a descubrilos e lles amosan a importancia destes lugares.

actividades en familia

Son numerosas as actividades das que as familias poden desfrutar no noso destino. 

O concello de Forcarei conta co primeiro Observatorio astronómico público de Galicia. O obxectivo principal desta instalación é a divulgación da investigación astronómica e científica. Neste lugar lévanse a cabo actividades que tratan de acercar a ciencia a cidadanía, principalmente a nenos e a xuventude. O Observatorio realiza visitas guiadas dirixidas a todos os públicos onde os visitantes poderán visitar un telescopio profesional, gozar dunha explicación sobre o ceo nocturno así como das historias mitolóxicas máis interesantes e destacadas.

O centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO), situado no Multiusos de Soutelo de Montes é un lugar dedicado ó estudio, conservación e divulgación do patrimonio cultural e material da comarca. Este museo dispón dunha colección con mais de 1200 pezas (740 expostas). A visita ó centro etnográfico é unha forma sinxela de achegar aos máis cativos a historia e cultura da comarca. Unha experiencia divertida e enriquecedora para facer en familia. 

Arqueoloxía en familia

A través dos castros, mámoas e petroglifos de Forcarei as familias poden facer unha “viaxe” no tempo e imaxinarse como era a vida dos nosos ancestros. Son lugares máxicos que atraen a atención dos pequenos da familia pero que tamén gozan os adultos. 

No concello de Forcarei están catalogadas sesenta e nove mámoas, destacando necrópoles como o Campo das Mámoas no Carrascal (Soutelo de Montes), as mámoas de Coto Vello, en Dúas Igrexas e o Campo de Antas, en Castrelo. Todas datadas entre o IV e o III milenio antes de cristo.

Tamén abundan os castros e gravados rupestres no municipio. Destaca o Castro de As rodeiras de Garellas onde se realizou unha escavación arqueolóxica no 2020 e pódese pasear pola croa e o antecastro así como  acceder a unidade didáctica da excavación mediante o código qr do panel informativo situado alí.

Recentemente iniciouse a escavación da aldea perdida de SIlvaescura, situada nos limites entre o monte de Soutelo de Montes e o de Trasdomonte da que só permanecen dúas estruturas a vista. 

Coñécense poucas referencias históricas documentadas desta aldea. A máis importante e a da redención dos foros da aldea de as Codesás ao convento de Aciveiro, documento datado de 1624. Son tamén referencia da historia deste lugar a toponimia do entorno, Su Casa, Silva Oscura, Camiño da Brea (referencia ao tránsito de actividade comercial cos mosteiros e Compostela).

Co obxectivo de poñer en valor estes traballos estanse levando a cabo visitas guiadas por parte do Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Ubicación da aldea de Silvaescura 42.537261, -8.288871)

Natureza en familia

O concello de Forcarei ofrece ás familias infinitude de lugares para xogar e gozar da natureza. 

Existen entre outros, dous roteiros homologados. A ruta Aciveiro – Candán (PR-G 100) e o Sendeiro das Pontes do Lérez (PR-G 113).  

A área recreativa da Freixeira e un lugar perfecto para merendar ou pasar o día en familia desfrutando do río e a carballeira. Ademáis desta pódense atopar no concello outras áreas recreativas, a maior parte delas están situadas na ribeira do río Lérez e están dotadas de mobiliario polo que poden ser usadas para xantares campestres. As áreas de Cotelo, Ponte Andón e Ponte do Crego, sitúanse ademáis no itinerario da Ruta das Pontes do Leréz, polo que son lugares indicados para facer unha pausa e repoñer forzas.

No concello de Forcarei existen mais de 280 muiños de río. Algunhas destas construcións poden visitarse ao paso os distintos sendeiros do municipio. Estas construcións soen chamar a atención dos máis cativos

A NEVE NO CONCELLO

Unhas veces ó ano o ceo trae a neve ó concello, momento no que centos de visitantes aproveitan para achegarse ata os cumes nevados de o Candán e do Seixo

Cativos e non tan pequenos xogan a facer bonecos de neve, peleas de bolas, etc. e gozan dunha xornada divertida en familia.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​