A alcaldesa responde

escudo

Como chegar

En coche: Ademais de utilizar as autoestradas e autovías galegas, pódese chegar tamén por estradas rexionais e provinciais

Desde Pontevedra: Pola estrada N-541 ata Soutelo de Montes, alí collemos a estrada PO-534, cunha duración estimada de 46 minutos. Desde Vigo, pola AP-9 ata Pontevedra.

Desde Ourense: Colleremos a estrada N-541 ata chegar a Forcarei, vai directa. Cunha duración de 1 hora e 11 minutos.

Desde Lugo: Pola estrada N-540 ata Vendas de Narón, alí collemos a estrada N-640 ata Forcarei, duración total do traxecto 1 hora e 37 minutos.

Desde Santiago de Compostela: Estrada 525 ata Silleda, onde collemos a estrada EP-7201 que vai directa ata Forcarei. A duración do traxecto pouco máis de 1 hora.

Desde A Coruña: Pola estrada DP-3006, enlazando coa AC-523 e ao pouco AC-400, posteriormente a AC-413, esa estrada dirección sur, sempre, ata chegar a Santiago de Compostela. Alí situamos o roteiro descrito no parágrafo anterior.

Desde Madrid: Pola autovía das Rías Baixas ata Ourense.

A estación de tren de Pontevedra e Santiago de Compostela son as que están mais preto de Forcarei, situadas a uns 45 minutos de localidade ambas.

Longo percorrido: Trens directos a Madrid, Pais Vasco e Barcelona e con conexións cos principais destinos nacionais.

Media distancia / Rexional: Conexión directa coas principais cidades Galegas ademáis de enlaces con Portugal

Ver destinos e horarios: www.renfe.com

Aeroporto de Santiago de Compostela a 48 min / 60 km

Aeroporto de Vigo a 1 hora / 73,5 km

Ver destinos e horarios: www.aena.es

O concello de Forcarei dispón de conexión en autocar coas cidades de Santiago e Pontevedra. Tamén hai autobuses dende Madrid, Barcelona e Andorra con parada en Soutelo de Montes.

Estas rutas están operadas pola compañía Monbus.

Consultar horarios:

información meteorolóxica

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​