O concello en datos
Corporación municipal
Unha das funcións do Pleno municipal que ten maior relevancia, dentro das súas tarefas de fiscalización e control dos órganos de goberno, está a votación das mocións de censura e confianza. Así mesmo, do Pleno dependen os acordos relativos á alteración da composición ou dos lindes do termo municipal ou os acordos sobre a participación do Concello en órganos supramunicipais.
Do Pleno dependen tamén as aprobacións e modificacións de regulamentos orgánicos, ordenanzas, orzamentos, cadros de persoal, regulamentos municipais, etc. A aprobación inicial e final das tramitacións urbanísticas tamén é unha das competencias do Pleno, así como a transferencia das súas funcións a outras administracións ou a determinación do xeito no que o Concello xestionará os servizos municipais.
O Pleno da Corporación, acordou que a periodicidade das sesións do pleno será bimensual, en meses pares, celebrándose o terceiro xoves do mes, ás 12:00 horas, agás no mes de agosto que se celebrará o derradeiro venres do mes.
E está constituído por os seguintes membros:
PSdeG-PSOE (PARTIDO SOCIALISTA OBREIRO ESPAÑOL)
Verónica Pichel Guisande (Forcarei). Alcaldesa do Concello de Forcarei dende o ano 2019 ao 2023, repite mandato dende o 2023 ao 2027.
Empresaria, consultora, docente e auditora de calidade especializada no sector turístico, cofundadora de Proturga e socia fundadora do Clúster de Turismo Galicia. Presidenta do colectivo cultural Co-Enrédate e forma parte da directiva da Asociación de Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes.
Auxiliar de Enfermería.
Operario en empresa de carpintería metálica
Ana Doval Fraíz (Soutelo de Montes). Concelleira
Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración. Actualmente é Consultora do sector público.
PPG (PARTIDO POPULAR)
Belén Cachafeiro Anta (Forcarei).
Empresaria do sector servizos e actualmente Deputada de Innovación e Axenda Dixital na Deputación Provincial de Pontevedra.
Alejo Vidal Moreno (Meavía).
Licenciado en Ciencias Empresariais e empregado industrial.
Ángeles Ballesteros Vilariño (Soutelo de Montes).
Comerciante e membro da Directiva da Comunidade de Montes de Soutelo.
Ricardo Villaverde Iglesias (Dúas Igrexas).
Empresario do sector gandeiro.
BNG (BLOQUE NACIONALISTA GALEGO)
Roberto Jorge Correa. (Presqueiras). 2° Teniente de alcaldesa dende o 2023 ao 2027.
Enxeñeiro forestal. Traballa no Servizo de Defensa contra Incendios e Xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros. Forma parte da directiva da comunidade de montes de Presqueiras.
NON ADSCRITO (tránsfuga PSDEG-PSOE)
REXISTRO DE INTERESES
O Concello de Forcarei a través da Secretaría-Intervención ten á disposición de todos aqueles que o soliciten, o rexistro de intereses da alcaldesa Verónica Pichel Guisande e dos concelleiros que integran a corporación, que inclúe a súa declaración de bens e a de actividades e causas de posible incompatibilidade.