Política de privacidade
O Concello de Forcarei, a través do seu portal Web facilita información de interese xeral do Concello e, en especial, información e xestións propias da organización municipal. A información facilitada é a vixente no momento da súa publicación.
O Concello de Forcarei desenvolverá os esforzos precisos para evitar erros e, no seu caso, reparalos ou actualizalos canto antes, non podendo garantir a súa inexistencia nin que o contido da información atópese permanentemente actualizado.
O Concello de Forcarei poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.
O acceso ao Portal, así como o uso que poida facerse da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. O Concello de Forcarei non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse deste acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse o estrito exercicio das súas competencias.
No Portal incluíronse enlaces a páxinas de sitios web de terceiros (“links”), a maior parte a páxinas de Internet doutras Administracións Públicas, que se consideraron de interese para os usuarios. Non entanto, o Concello de Forcarei non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos de enlaces de terceiros aos que se fai referencia no Portal.
Os dereitos de propiedade intelectual deste Portal de Internet e o seu deseño gráfico, son titularidade do Concello ou difundidos coa autorización dos propietarios, a non ser que se indique unha titularidade diferente. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras, a non ser que sexa para uso persoal e privado, constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual do Concello de Forcarei ou daquel que sexa titular. Igualmente, todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos no portal están protexidos por Lei.
Protección de datos
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal suxeitarase ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, así como as súas normativas de desenvolvemento e demais normativas de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informáticamente ou se arquivarán co consentimento do cidadán, quen ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que os mesmos sexan exactos e que se utilicen para o fin que se recollen, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.
O Concello de Forcarei comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo con respecto aos datos de carácter persoal que poidan ser solicitados a través dos servizos deste portal, e ao deber de tratalos con confidencialidade. A estes efectos, adoptaranse as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
A recollida e tratamento automatizado de datos de carácter persoal ten como única finalidade a prestación dos servizos solicitados, e o seguimento de consultas realizadas polas persoas usuarias. Non se utilizarán para ningunha outra finalidade nin serán cedidos a terceiros sen o seu consentimento, salvo nos casos e coas condicións previstas na Lei Orgánica 15/1999.
Para a prestación dos servizos a través deste portal, os datos persoais necesarios están incluídos en ficheiros inscritos no rexistro da Axencia Española de Protección de Datos.
En todo momento poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición solicitándoo á Dirección da Axencia por calquera medio que deixe constancia do seu envío e da súa recepción.
A Sede Electrónica do Concello de Forcarei mantén os niveis de protección dos seus datos persoais conforme ao previsto no Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, e estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que facilite ó portal do Concello de Forcarei.