A alcaldesa responde

Emocionate coa natureza

Os amantes da natureza poden encontrar en Forcarei un destino verde dificilmente equiparable a calquera outro. 

Forcarei é o único concello de Galicia con tres espazos protexidos incluídos na rede natura ou as rutas de sendeirismo que nos conducen por paraxes dunha beleza inimaxinable

Situación

Que Forcarei é un paraíso verde salta a vista. A superficie arborada do municipio supera as 2.190 hectáreas. Son abundantes as especies frondosas autóctonas como o castiñeiro e o carballo.

Esta conxugación de elementos naturais foron os causantes de que a Fundación Galicia Verde e a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura estableceran no concello os seus centros para desenvolver a actividade investigadora, didáctica e divulgadora que realizan.

O territorio localizase nun espazo entre o clima oceánico litoral máis húmido e o interior, de matices mediterráneos.

Reproducir vídeo

Pequeno resumo sobre o Concello, realiado por TVG no programa de viaxe no ano 2009

A fauna e flora de Ríos e Montes

Dase a casualidade de que a Serra do Candán e un dos espazos mediambientais de Galicia mellor conservados. A Rede Natura fai boa conta das súas 10.683 hectáreas, das cales aproximadamente a metade teñen o solo ocupado por torgueiras secas de breixo. As carballeiras e os bosques de ribeira abundan entorno a súa rede hidrográfica.

É evidente que todas estas características son o caldo de cultivo perfecto para a conservación da fauna da zona, mamíferos como o lobo o gato bravo e o xabaril e aves como o bufo grande e o falcón peregrino adoitan observarse na contorna.

A Serra do Cando, con 5.500 hectáreas e altitudes entre os 600 e os 1.000 metros ten unha vexetación anfibia de gran interese debido a súa singularidade e elevado valor ecolóxico.

 “dende o Candan gózase dun dos máis fermosos e graduados horizontes da Galiza interior”

Ramón Otero Pedrayo

Sendeiros para descubrir

Para gozar do espazo natural do Candán e aconsellable realizar o roteiro da ruta Aciveiro – Candán (PR-G 100) homologado coas directrices que marca a Federación Galega de Montañismo. 

Outro dos sendeiros que exercen unha maior atracción sobre o visitante de Forcarei e a Ruta das Pontes do Lérez  (PR-G 113) esta xurdiu dunha colaboración entre o cronista Antonio Rodríguez Fraiz e o artista Agustín Portela Paz. A ruta vai descubrindo ás pontes do percorrido mentres amosa a cultura inmaterial dos lugares por onde pasa.

O sendeiro de muiños e Freixa de Chamosa e un percorrido de 800m para disfrutar dun entorno de enorme belleza natural: a fervenza e os muiños da localidade Chamosa, moi preto da localidade de Forcarei. O acceso transcurre desde o centro do núcleo rural sobre unha pasarela de madeira desde a que se pode disfrutar do tramo final da freixa e dos antigos muíños rehabilitados, integrados nun espazo natural único.

Ubicación do sendeiro  (42.593059834912, -8.363073782611167)

VISTAS E MIRADOIROS

O miradoiro das Neveiras de Fixó (Millerada), o Alto do Seixo (Presqueiras), o Alto do Candán (Aciveiro) e o Pico do Costoia (Pardesoa) nos ofrecen unha panorámica única da Terra de Montes e mesmo da provincia e nos permiten apreciar a riqueza da nosa paisaxe.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​