O concello en datos
MODELO DE TERRITORIO
O Concello de Forcarei ocupa, na zona norcentral da provincia de Pontevedra, unha superficie total de 167,7 km2, cunha altitude media de 625 m. As cimas máis elevadas das terras forcaricenses son o monte Seixo (1.014 m.), na serra do Cando, o alto de A Ruza (902 m.), na parroquia da Madanela, o monte Custoia (951 m.), en Pardesoa e o alto de San Benito (1.017 m.), na serra do Candán.
Os ríos Vergudo, Umia e Lérez nacen nestas terras de carballeiras frondosas, acivros, pinos e castiñeiros centenarios.
A N-541 e a PO-534 vertebran o territorio conectándonos coas vilas máis próximas e a capital da provincia e os polígonos industriais de Vilapouca e Cachafeiro son os principais pulos de dinamización económica xunto co sector agrogandeiro.
AS PARROQUIAS
As trece parroquias que compoñen o Concello de Forcarei son:
Resumo sobre o Concello, emitido na TVG no especial que fixeron sobre a festa do Gaiteiro de Soutelo no 2009. Situación, paisaxes, monumentos...
Un pequeno resumo sobre o Concello, realizado por a TVG no programa De Viaxe, no 2009
datos demográficos
Segundo os datos publicados polo INE ao 1 de Xaneiro de 2020 o número de habitantes en Forcarei é de 3.308, 80 habitantes menos que no ano 2019.
Actualmente a densidade de poboación en Forcarei é de 19,50 habitantes por Km2.
datos de emprego
Para poder entender esta evolución e poñela en correspondencia directa coa evolución da xeración de emprego, teremos en conta os
últimos datos publicados deste mesmo ano 2021, no mes de xaneiro.
O número total de parados é de 152, dos cales 83 son homes e 69 mulleres.
As persoas maiores de 45 anos, con 89 parados, son o grupo de idade máis afectado polo paro, seguido dos que se atopan entre 25 e 44 anos con 56 parados, o grupo menos numeroso son os menores de 25 anos con 7 parados.
Por sectores vemos que no sector servizos é o de maior número de parados no municipio con 92 parados, seguido da construción con 24 parados, a industria con 17 parados, as persoas sen emprego anterior con 14 parados e, por último, a agricultura con 5 parados.
datos sobre turismo
O Concello de Forcarei está comprometido con xerar un turismo ordenado que fomente a creación de riqueza dun xeito equilibrado para o conxunto do territorio
Forcarei como destino turístico
Segundo os datos publicados polo INE ao 1 de Xaneiro de 2020 o número de habitantes en Forcarei é de 3.308, 80 habitantes menos que o no ano 2019.
Actualmente a densidade de poboación en Forcarei é de 19,50 habitantes por Km2.
O crecemento natural da poboación no municipio de Forcarei, segundo os últimos datos publicados polo INE para o ano 2019 foi negativo, con 87 defuncións máis que nacementos.
O número total de parados é de 152, dos cales 83 son homes e 69 mulleres.
Demanda turística
Perfil sociodemográfico
- Grupos familiares doutras cidades de Galicia (maior %).
- Grupos de amigos que veñen facer algunha actividade puntual.
- Xente de paso que fai uso dos servizos de restauración e que visita a contorna máis próxima a eses establecementos.
- Puntualmente e atraídos pola oferta do Observatorio Astronómico, atopamos xente das principais cidades de Galicia, con interese polo turismo científico. Tamén colexios, institutos e universidades.
- Grupo de persoas, afeccionadas ao motor, que teñen presenza no territorio durante os eventos que se celebran no Circuíto da Madalena. Neste grupo diferenciamos dúas clases:
- Os que veñen a participar e traen os seus equipos de
persoas. Soen estar varios días, xa que teñen probas de
adaptación, entrenamentos e competición. - Os que veñen o mesmo día da competición como espectadores.
- Os que veñen a participar e traen os seus equipos de
Tipo de aloxamento elixido en Forcarei
- Vivendas familiares
- Segundas residencias
- Turismo Rural
- Vivendas de uso Turístico
- Hoteis e hostais