A alcaldesa responde

O enclave

escudo

MODELO DE TERRITORIO

O Concello de Forcarei ocupa, na zona norcentral da provincia de Pontevedra, unha superficie total de 167,7 km2, cunha altitude media de 625 m., indicativa dunha zona notablemente montuosa. As cimas máis elevadas das terras forcaricenses son o monte Seixo (1.014 m.), na serra do Cando, o alto de A Ruza (902 m.), na parroquia da Madanela, o monte Custoia (951 m.), en Pardesoa e o alto de San Benito (1.017 m.), na serra do Candán.

parroquias

As trece parroquias que compoñen o Concello de Forcarei están unidas entre si e coa capitalidade do Concello por estradas artelladas en torno a esta e a Soutelo de Montes, como núcleos principais de poboación e de actividade económica e social.

O Concello, a nivel turístico, está caracterizado por unha gran dispersión dos elementos máis significativos que poden ser considerados Recursos Turísticos atractivos para conformar a oferta conxunta na que apoiarse para completar a capacidade do Xeodestino Pontevedra Norte.

O Concello participa das accións do Xeodestino Pontevedra Norte (Comarcas do Deza – Tabeirós e Terra de Montes) e ao mesmo tempo colabora, directamente, coa Deputación de Pontevedra a través do Destino Rías Baixas

Tamén un bo recoñecemento a través de varios dos seus recursos naturais, patrimoniais e culturais, entre os que destacamos, A Serra do Candán, a Serra do Cando, o Mosteiro de Aciveiro, o Gaiteiro de Soutelo de Montes (D. Avelino Cachafeiro), e outros persoeiros de gran importancia en diversas artes e oficios.

Muiños

Antigas

Paisaxes e natureza

Igrexas

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​