A alcaldesa responde

Bolsa de emprego

Que é?

A través da Bolsa de Emprego créase unha base de datos de demandantes e ofertantes de emprego do Concello de Forcarei. Ofértase como un servizo gratuíto no cal o departamento de emprego do Concello actúa como mediador entre a oferta e a demanda de emprego.

Como funciona?

Unha vez que se recibe a oferta de emprego, dende o departamento realízase un estudo dos demandantes incluídos na Bolsa e selecciónanse @s candidat@s apt@s para a oferta. Dende o departamento de emprego comunícaselle @s seleccionad@s a oferta e, no caso de que estean interesad@s, envíanse os seus currículos á empresa ofertante de emprego.

ofertas de emprego

inscricións na bolsa de emprego

@s demandantes de emprego que desexen inscribirse na Bolsa de Emprego deben enviar o Formulario “Demandantes de Emprego” cuberto, xunto coa fotocopia do DNI, á seguinte dirección de correo electrónico: desenvolvementolocal@forcarei.gal

As empresas que desexen participar na Bolsa de Emprego deben enviar o formulario “Empresas ofertantes de Emprego” cuberto á seguinte dirección de correo electrónico: desenvolvementolocal@forcarei.gal

descargas

Tamén podes rexistrar a túa solicitude a través do seguinte formulario.

Formulario de rexistro

bolsa de emprego

Selecciona a continuación se eres demandante de emprego ou empresa:
Achegar formulario de rexistro

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​