A alcaldesa responde

Parroquia Santa Mariña de Presqueiras

Parroquia de Santa mariña de presqueiras

Pobos: Alfonsín, Devesa de Baixo, Devesa de Riba, Penalva, Fontegrande, Regotraveso e Cernadelo (Casal) e Ratel. Entre os seus montes destaca o Outeiro do Coto con 1014 m.
Nesta parroquia áchanse as insculturas do Outeiro das Cruces e da Laxe das Buratas clasificado como BIC, que nunha superficie de sete metros alberga unha composición formada por dezaoito signos cruciformes de diversos tamaños.

A igrexa parroquial foi obra de Manuel Fraiz Garrido, crego e canteiro do pasado século, agás a sancristía, que foi realizada polo canteiro Andrés Couceiro, de Cotobade, artífice tamén do templo de San Miguel.

É de nave única con teito a dúas augas e fachada con lintel e fórnice, da que sobresae, xa no primeiro corpo, unha lanzal torre do campanario que posúe outros tres corpos en altura, cuadrangular os dous primeiros e hexagonal o terceiro, todos con arcos peraltados, e rematando en cupuliño e pináculo. Ofrece unha imaxe de esvelteza que non se repite en ningunha das outras igrexas do concello.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​