A alcaldesa responde

Concello de Forcarei
O concello en datos

Sauda da alcaldesa

alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.

Praza da igrexa, nº1
36550 Forcarei (Pontevedra)

Teléfono: 986 75 50 36
Email: veronica.pichel@forcarei.net

Amigas e amigos:

Estades na web municipal.Cando accededes a esta páxina estades entrando no Concello de Forcarei onde queremos que as portas sempre permanezan abertas para atender as demandas da veciñanza. Nela poderedes atopar os servizos que se prestan neste concello, a normativa de referencia para os trámites municipais, os programas que se están desenvolvendo en cada área de goberno e distinta información relacionada co noso territorio, o noso patrimonio e os nosos recurso turísticos.

Somos conscientes de que a Administración debe estar á altura dunha sociedade cada vez máis avanzada a nivel tecnolóxico e que demanda maiores cotas de transparencia. Por iso, esta páxina está pensada para facilitar a relación da cidadanía coa Administración local. A través do apartado de Administración electrónica podes realizar distintas xestións e tramitacións en liña. Tamén podes contactar con nós para solicitar información, ou comunicarnos as túas queixas, suxestións e/ou incidencias.

A través deste espazo tamén queremos amosar a realidade do noso concello. Un concello formado por 13 parroquias que atesoura séculos de historia e dun relato que podedes atopar nos xacementos arqueolóxicos, no mosteiro de Aciveiro, nas pontes medievais polas que transitaban os arrieiros, nas neveiras de Fixó ou na pegada de persoaxes moi importantes do século XX como o Gaiteiro de Soutelo de Montes ou Chano Piñeiro entre outros.

Somos ademáis un concello que desenvolve unha actividade industrial importante froito do compromiso territorial e da vocación emprendedora dos veciños e veciñas e queremos, a través desta web, facervos a todos e todas partícipes dun proxecto de municipio innovador, dinámico e aberto ao mundo.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​