lugares de interese
Aldea de Grobas
Aldea abandonada sunto ao regado das Grobas. Está formada por unha serie de casas de pedra de arquietctura tradicional en mal estado de conservación. Algunhas das casas non contan con tellado, ventás ou portas e están colonizadas pola vexetación. Non existe sinalización direccional ou informativa. Actualmente algúns veciños acuden a pasar o día e facer fogueiras para cociñar. Hai restos de fogueiras xunto ao regato. O acceso realízase dende a estrada provincial PO‐534 a través de pistas abertas para acceder aos parques eólicos da Serra do Candán. Pódese acceder con vehículo por estas pistas ata o último aeroxenerador, onde se debe proseguir a pé por un sendeiro ancho, cun estado de conservación regular e non agradable para o camiñante por ter numerosas pedras na caixa do sendeiro. Tras uns 15 minutos de camiño, chégase á aldea.