Servicios turísticos
O concello de Forcarei ofrece distintos servizos turísticos
Circuito de karting de A Madalena
O Circuíto de Karting da Madalena localizase no lugar de Soutelo de Montes. Xurdiu para dar resposta a unha demanda, cada vez máis en auxe entre a mocidade. Un proxecto que aposta pola revitalización do concello de Forcarei mentres proporciona un espazo e servizos axeitados a práctica segura do deporte do motor.
O circuito foi posible grazas ó respaldo económico da Excelentísima Deputación de Pontevedra e a xenerosidade da “Comunidade de Montes da Madalena” a cal cedeu parte do terreo onde se atopa hoxe en día o circuito.
Hoxe en día o Circuito de A Madalena é un dos epicentros do mundo do motor de Galicia. En el lévanse a cabo actividades de todo tipo: competicións deportivas, cursos de pilotaxe, celebracións, concentracións moteiras, etc.
eventos - mosteiro de Aciveiro
Tén consideración de Monumento Histórico Artístico desde o ano 1931 e na actualidade é considerado Ben de Interese Cultural.
A superficie total do recinto é de 46.658m2, dos cales 5.896m2 corresponden propiamente ó edificio cenobial e á igrexa anexa, 2.125m2 ó adro do conxunto e 37.629m2 ás tres leiras de labor anexas.
O mosteiro é un lugar magnífico para realizar todo tipo de celebracións.
- Enderezo: Ep-7202 , Forcarei, Provincia de Pontevedra 36555, Spain
- Teléfono: 902 405 858
- Enderezo electrónico:info@pousadasdecompostela.com