A alcaldesa responde

Rede móbil de nova xeración chega a Forcarei

👉 SÁBADO, 23 DE ABRIL

📍AUDITORIO DE SOUTELO DE MONTES

⏰18.00 horas.

Entrada gratuíta

A película A Virxe Roxa, gañadora do Mestre Mateo ao Mellor Documental, conta un suceso que conmocionou á sociedade española dos anos 30 do século pasado, protagonizado por Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart, unha moza que con só 18 anos se converteu nunha das feministas máis destacadas da Segunda República Española, pero que pasaría á historia por ser asasinada a mans da súa nai.O documental, dirixido por Marcos Nine, conta con Amalia Mato e Chema Gagino, responsables da idea orixinal, na produción executiva. Ademais de gañar o premio ao Mellor documental, tamén foi finalista na categoría de Mellor montaxe e resultou premiado en festivais internacionais como DOCA ou Blackboard.

👉 O Ciclo de Cine Mestre Mateo é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación, que trae ao concello de Forcarei películas gañadoras e finalistas dos Premios Mestre Mateo nas categorías de longametraxes e documentais.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​