Observatorio Astronómico
O concello de Forcarei conta co primeiro Observatorio astronómico público de Galicia. O obxectivo principal desta instalación é a divulgación da investigación astronómica e científica. Neste lugar lévanse a cabo actividades que tratan de acercar a ciencia a cidadanía, principalmente a nenos e a xuventude.
O Observatorio realiza visitas guiadas frecuentemente. Nestas actividades os visitantes poden acceder a cúpula e poden ver un telescopio profesional e coñecer como se manexa. Ademáis tanto cativos como adultos descubrirán en familia os elementos que forman o cosmos: planetas, estrelas, buracos negros, etc.
A actividade está dirixida a todos os públicos e ten unha duración aproximada de 2 horas. Se o tempo acompaña os visitantes poderán gozar dunha explicación sobre o ceo nocturno así como as historias mitolóxicas máis interesantes e destacadas.
O observatorio
Conta na súa primeira fase, cun edificio de planta circular de 8 metros de diámetro, sobre o cal destaca a súa cúpula de 5 metros de diámetro e que alberga o telescopio principal; un telescopio de alta calidade de fabricación americana (RCOS) de 51 centímetros de diámetro, dotado coa máis alta tecnoloxía de manobra e captación de imaxes, que o converten nun observatorio semiprofesional de altas prestacións, nun entorno cunha visibilidade e calidade do ceo excelentes.
A súa construción foi cofinanciada con Fondos do Leades + Montes, por a Deputación de Pontevedra e por Caixanova. As instalación son xestionadas por a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3), que está formada por o Concello de Forcarei, Universidade de Vigo e Astrovigo.
O uso do observatorio ten pois dúas finalidades: divulgación e docencia entre a comunidade académica, aficionados a astronomía en xeral, e a investigación naqueles campos da astronomía na que é posible desenrolar observacións cun instrumento de potencia semellante.
Prevese nun futuro o desenrolo da fase dúas das instalacións, que pasará por a construción dun segundo edificio de benvida ós visitantes e un pequeno planetario, que permitirá que as visitas diúrnas coñezan non só a forma de traballar no observatorio astronómico, senón tamén desenrolar programas didácticos sobre os movementos celestes dos astros.
A instalación, en continua mellora, grazas os esforzos do Concello de Forcarei, que mostrou o seu apoio incondicional a este proxecto, foi visitada por miles de persoas desde tódolos puntos de Galicia, en grupos ou de forma individual, incluso podéndose solicitar “tempos” a FC3 coa finalidade de desenrolar observación propias, co apoio dos operadores das instalacións.
Aínda que o OAF, está en continua mellora das instalacións e melloras de servizos ós astrónomos visitantes e público en xeral, agora mesmo, xa son posibles todas as manobras tanto da cúpula como do telescopio desde a sala de control.
O autoguiado, permite exposicións largas tanto para tomas científicas como estéticas (mostra das que se mostran a continuación), a monitorización dixital de temperaturas e focos, a conexión de banda larga que permite integrar o observatorio a rede de seguimento e búsqueda de NEOS, búsqueda e seguimento de SUPERNOVAS, e en definitiva de todos aqueles eventos astronómicos que requiran unha rápida resposta, son melloras conseguidas nos últimos meses.
Como fito instalacións do OAF que se deben resaltar, temos que mencionar que desde o observatorio, conseguíronse as primeiras imaxes desde España do cometa Hartley 2 en octubre de 2010, e os primeiros seguimentos de varias supernovas grazas as melloras de funcionalidade introducidas, permitindo a obtención de imaxes dunha calidade excepcional, con unha destacable repercusión mediática.
Pódese encontrar información sobre o contido ou a forma de solicitar visitas guiadas ou tempos de observación na páxina da fundación FC3: http://www.fc3.es/
instalacións e equipamento
O edificio circular, conta na súa planta baixa dunha oficina de control completo do telescopio, un almacén/cuarto de servizo, un aseo e un cuarto de distribución eléctrica. É posible recibir nesta sala de control, e na cúpula a grupos de 20 persoas.
Na parte superior, onde se atopa a cúpula ( que está dotada de movementos de apertura e xiro), atópase o telescopio principal, sobre unha montura ecuatorial alemana que é capaz de contrarrestar o movemento do ceo. Xunto ó aparato, atópase un armario onde están situados os equipos informáticos que controlan todo o proceso.
O telescopio principal, e un telescopio tipo Ritchey Cretien fabricado por a prestixiosa empresa americana RCOS, con unha abertura de 51 centímetros e unha distancia focal de 411 centímetros (f:8,1). Trátase dun tubo aberto en fibra de carbono para alixeirar o peso do conxunto e para permitir unha máis rápida aclimatación.
A manobra do telescopio é executada por unha montura de fabricación americana de tipo Alemán, da marca SB Paramount (Modelo ME) que permite arrastrar con soltura os casi 70 kilogramos de peso con unha precisión de apuntado menor ó minuto de arco.
O detector do telescopio é unha cámara CCD modelo SBIG STL-11000 con 11 millóns de píxels de 9 micras e conversor A/D de 16 bits. Na cámara está incluída unha roda de filtros con cinco posicións, actualmente ocupados por filtros fotométricos do sistema Jhonson (UBVRI), o que permite fotometría de precisión con calidade aceptada para medicións científicas.
Localización Do observatorio
A localización xeográfica e:
Latitude: 42º 36′ 38.3” N
Lonxitude: 8º 22′ 15” O
Altitude: 670 m
Para unha mellor xestión do Observatorio e preciso solicitar as visitas a través do formulario de contacto que se atopa na páxina web da Fundación Ceo Ciencia e Cultura.