A alcaldesa responde

O Concello de Forcarei organiza unha excursión a Valença e a Baiona para a veciñanza

➡️Terá lugar o vindeiro 4 de maio. As persoas interesadas deberán inscribirse nas oficinas xerais do Concello➡️O goberno local quere impulsar novas actividades de lecer para que poidan gozar @s forcaricenses, despois de dous longos anos de restricións pola pandemiaDespois de dous longos anos con moitas restricións pola pandemia do covid-19, o Concello de Forcarei está a impulsar novas actividades de lecer para que poidan desfrutar as veciñas e veciños do municipio. A primeira delas é unha excursión a Valença do Minho, ao Norte de Portugal, e á localidade de Baiona, o vindeiro 4 de maio. A veciñanza poderá achegarse ata a famosa feira de Valença e comer nun restaurante preto dela, e pola tarde gozarán dun fantástico paseo polas rúas e a fortaleza de Baiona.👉O prezo da excursión é de 34 euros e inclúe o servizo de autobús, o almorzo en Portugal con menú de bacallau e seguro de viaxe. As persoas interesadas en asistir a esta xornada deberán inscribirse nas oficinas xerais do Concello e levar o xustificante do pago na conta do Banco Santander ES03 0238 8104 6606 0063 7762. A saída dende Forcarei será ás 9.00 horas (centro social) e o regreso dende Baiona ás 19.00 horas.Fomentar unha vida activa para toda a veciñanza foi sempre un dos obxectivos do goberno local e a alcaldesa Verónica Pichel adiantou que esta non será a única excursión. De feito, xa está prevista outra actividade similar para próximas datas para visitar O Grove, con travesía en barco incluída, e Cambados.Así mesmo, o Concello de Forcarei recuperará tamén este ano o tradicional ‘Xantar dos Maiores’. A data aínda non está pechada, pero nesta ocasión será ao aire libre para aumentar as garantías de seguridade.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​