A alcaldesa responde

O Concello de Forcarei executa a roza de 150 km de pistas de concentracións parcelarias

Pichel constatou a marcha dos traballos, que nalgunhas zonas avanzan con lentitude pola maleza acumulada tras máis dunha década sen rozar

O Concello de Forcarei está a afrontar os traballos para rozar 150 quilómetros de pistas das concentracións parcelarias nas parroquias de Meavía, Quintillán, Pereira e Presqueiras, unha actuación necesaria e demandada pola veciñanza, pois moitas das pistas levaban bastante máis dunha década sen limpar.

A alcaldesa Verónica Pichel constatou esta semana a marcha dos traballos que están a desenvolver operarios de Desbroces Casal SL, empresa adxudicataria do proxecto, e comprobou que nalgúns casos avanzan con lentitude debido á enorme cantidade de maleza acumulada que hai nalgunhas das pistas que levan moitos anos sen rozar. A actuación inclúe a roza e limpeza da vexetación de camiños, marxes, cunetas, noiros e plataformas dos camiños, nunha lonxitude de 150 quilómetros. Realízase mediante roza mecánica con tractor e, nos casos nos que non é posible, recórrese á roza manual. A adxudicataria Desbroces Casal SL formulou a oferta máis vantaxosa das presentadas ao proceso de licitación, por un importe de 65.018,75 euros (IVE incluído) e ofreceu catro tractores para executar estes traballos.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​