A alcaldesa responde

O Concello de Forcarei busca a mellor ‘Aldea do Nadal’

Convoca a segunda edición do concurso de decoración de Nadal para o centenar de aldeas do municipio. Haberá premios para a aldea e a vivenda mellor ambientadas

Tras o éxito do primeiro concurso de decoración de Nadal, o Concello de Forcarei acaba de convocar unha nova edición para atopar a mellor ‘Aldea do Nadal’ do municipio e estender o espírito festivo por toda a localidade. Haberá premios para as mellores ambientacións nas categorías ‘colectiva’, para @s veciñ@s de cada aldea, e ‘familiar’, para as persoas que realicen a súa montaxe na súa vivenda particular.

As persoas interesadas en participar no concurso deberán tramitar as inscricións do 14 de novembro ao 12 de decembro. Poderán facelo chamando ao Concello (986 75 50 36) ou enviando un correo electrónico á alcaldia@forcarei.net. As bases íntegras do concurso publicaranse na páxina web www.forcarei.gal.  Os premios inclúen a iluminación de Nadal para o próximo ano para a aldea gañadora na categoría colectiva e unha cesta de produtos valorada en 200 euros para a categoría familiar.

As propostas de decoración deberán estar expostas a partir do 19 de decembro e ata o 6 de xaneiro. O Concello de Forcarei elaborará un listado d@s participantes para que a poboación poida visitar as instalacións. Para a valoración dos elementos decorativos, o xurado terá en conta o deseño, a orixinalidade, a iluminación e a utilización de materiais reciclables. A entrega de premios está prevista para o 5 de xaneiro.

A alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel, animou a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa. “A acollida deste concurso foi tan positiva o ano pasado que non podiamos non repetir a convocatoria _recoñeceu_ o traballo, a implicación e a orixinalidade demostradas foi impresionante e todas as persoas participantes merecen un recoñecemento”. 

O Sixto foi a aldea gañadora na primeira edición e este ano contará con iluminación de Nadal especial por parte do Concello. A veciñanza creou para o certame unha ruta de Nadal sinalizada, con almacén de regalos, un salón de Papá Noel, un observatorio, o xardín das delicias, unha granxa para renos e a gran praza de Nadal con Papá Noel na súa zorra tirada por renos. Tamén participaron no concurso as aldeas de Morgade, Ventoxo, Gaxín e San Marcos.

Así mesmo, na categoría familiar resultou vencedora Carmen Gaiteiro, de Gaxín. Nesta categoría concorreran tamén outras familias de Malburgo, A Cruz, Berrozo, Forcarei, Córneas e Soutelo de Montes.

BASES CONCURSO DECORACIÓN DE NADAL DE ALDEAS DO CONCELLO DE FORCAREI

1. OBXETO

O Concello de Forcarei presenta o Concurso de Decoración de Nadal “Decora a túa aldea”, dirixida a incentivar a decoración do noso concello con diferentes obxectivos:

– Dinamizar a participación activa dos/as cidadáns do Concello de Forcarei.

– Colaborar en infundir un ambiente de nadal decorativo baseado en valores como o traballo en co-mún e a cooperación.

-Dispoñer de elementos decorativos que aporten ás aldeas un entorno de Nadal acolledor e de ilu-sión.

-Dar protagonismo aos veciños e veciñas.

-Fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da transfor-mación do espazo.

2. PARTICIPANTES

Establécense dúas categorías para o concurso:

→ Familiar: Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas que realicen a súa montaxe no seu balcón, ventá, porta, fachada da casa ou xardín exterior en núcleos ou aldeas.

→ Colectiva: Poderán participar os veciños de cada unha das aldeas e que realicen un montaxe de decoración de Nadal, así como os motivos tradicionais da mesma, tendo @s participantes plena liberdade en canto a técnica e estilo. @s participantes ceden o dereito de imaxe da súa decoración ao Concello de Forcarei.

3. PROXECTOS DE DECORACIÓN:

Os espazos poderán ser, segundo a categoría:

a) Familiar: Balcón, ventá, porta, fachada da casa ou xardín exterior.

b) Colectiva: Aldea.

A decoración deberá ter relación coa festividade do Nadal e os motivos tradicionais da mesma, ten-do os/as participantes plena liberdade en cando á técnica e estilo.2

4. MATERIAIS UTILIZADOS

Para decoración de Nadal, poderanse usar todo tipo de materiais que os/as participantes consideren oportunos, así como materiais procedentes da natureza ou outro medio natural. Poderanse usar así mesmo, elementos de decoración iluminativos.

5. INSCRICIÓN

As persoas interesadas en participar no concurso, deberán tramitar as súas inscrición dende o 14 de novembro de 2022 ata o día 12 de decembro de 2022, sendo recollida as inscricións:

– Chamando ao número 986755036 Oficinas Xerais do Concello de Forcarei.

– Na dirección de correo electrónico: alcaldia@forcarei.net

Para a realización da inscrición será necesario indicar a categoría na que desexa participar “fami-liar” ou “colectiva”, nome do colectivo e da aldea (se procede), nome e apelidos da persoa de refe-rencia do concurso, dirección da casa participante (se procede), así como un número de contacto e a aclaración dos materiais utilizados polos participantes.

No caso de realizalo na categoría familiar deberá enviar un mínimo de tres fotos da decoración realizada.

6. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

– O montaxe e desmontaxe dos elementos decorativos será realizado por cada participante. Os ele-mentos decorativos deberán estar expostos a partir do día 19 de decembro de 2022 ata o 4 de xanei-ro de 2023, ambos inclusive. Se non se cumprira dita condición, desestimarase a participación nesta ocasión.

Durante a exposición do decorado, permitirase a visita dos mesmo á poboación en xeral, de forma totalmente gratuíta e sen condición algunha.

Elaborarase por parte do Concello un listado dos/as participantes neste concurso coa finalidade de que a poboación poida coñecer a súa localización e así poder gozar do traballo realizado.

En caso de que se produza algún tipo de desperfecto do material utilizado durante o período de ex-posición, este será responsabilidade do colectivo en particular que montou a decoración, sendo competente para a súa subsanación.

7. XURADO

O xurado estará composto por 5 persoas do Concello de Forcarei.3

8. VALORACIÓN

Para a valoración dos elementos decorativos de Nadal de cada aldea, o xurado terá en conta os se-guintes criterios:

a) Deseño

b) Orixinalidade

c) Iluminación

d) Utilización de materiais reciclables.

Cada membro do xurado puntuará a decoración de 1 a 5 puntos. A suma de todos os puntos recibi-dos polos membros do citado xurado, dará lugar aos/ás gañadores/as do concurso.

En caso de empate, volverase a puntuar, pero nesta ocasión puntuarase do 1 ao 3 aquelas decora-cións empatadas, así sucesivamente ata que haxa un/unha claro/a gañador/a.

As/os concursantes comprométense a aceptar a decisión do xurado.

9. PREMIOS.

→ CATEGORÍA COLECTIVA: Iluminación de Nadal do Concello na aldea gañadora na próxima festividade de Nadal.

→ CATEGORÍA FAMILIAR: Cesta de produtos do noso concello valorados en 200 €.

9. ENTREGA DE PREMIOS:

A entrega de premios realizarase o 5 de xaneiro de 2023 en Forcarei.

A inscrición neste concurso implica a aceptación expresa das súas bases na súa totalidade.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​