A alcaldesa responde

Novo Bono Social de electricidade

¿Que é o bono social?

O bono social de electricidade é un desconto na factura eléctrica para consumidores vulnerables e consumidores en risco de exclusión social. O desconto é do 25 % ou do 40 %, segundo o nivel de renda. Ademais, os seus beneficiarios contan cun período máis prolongado que o resto de consumidores para facer fronte ás facturas impagadas: catro meses desde a primeira notificación de falta de pagamento fronte ao prazo xeral de dous meses.

¿Quen poden solicitalo?

Os consumidores vulnerables, os consumidores vulnerables severos e os consumidores vulnerables severos en risco de exclusión. Deben ter contratada na súa vivenda habitual a tarifa eléctrica regulada cunha potencia menor ou igual a 10 quilowatts.

¿Que supón concretamente esta axuda?

Para os consumidores vulnerables, un 25 % de desconto na factura.

Para os vulnerables severos, un 40 % de desconto.

Os consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social que estean a ser atendidos polos servizos sociais dunha administración -autonómica ou local- que paguen polo menos o 50 % da factura non terá que facer fronte á factura eléctrica. O resto da factura (o que non asume os servizos sociais) será pago polas empresas, obrigadas por normativa a asumir o financiamento do bono social. No caso de que estas persoas non poidan facer fronte ao pagamento de forma temporal, non se lles poderá interromper a subministración eléctrica.

Máis información:

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​