A alcaldesa responde

Mulleres forcaricenses. Care Hermida Gulías, profesora e investigadora

🟣 MULLERES FORCARICENSES💪➡️ CARME HERMIDA GULÍAS👩‍🏫Profesora e investigadora. Promotora da asociación MUGACOM (Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación)Carme Hermida naceu hai 60 anos en Portela de Lamas-Pardesoa.É profesora dedicada ao ensino e á investigación na Universidade de Santiago de Compostela onde tamén foi secretaria da Facultade de Ciencias da Comunicación.Foi promotora da asociación MUGACOM que se constituíu o 8 de marzo de 1997 na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela co obxectivo de “aglutinar ás mulleres de Galicia para mellor defender os seus intereses desde as perspectivas de xénero e de país e co ánimo de crear unha plataforma que posibilite a reivindicación e a denuncia das mulleres ante o sexismo nos /dos medios de comunicación”.Desde inicios deste ano dirixe o programa BILEGA, Bibliografía Informatizada da Lingua Galega no Centro de Estudos Ramón Piñeiro tamén en Santiago. En Teo, do 2006 ao 2014, foi Concelleira de Cultura. Carme é persistente e responsable en canto emprende “O que hai que facer, facelo”.Ata os nove anos viviu en Forcarei, ata os dezaoito en Basauri-Bizkaia, de aí volveu cara Santiago onde reside ata 1999, data na que mudou para o Sisto-Cacheiras.Carme foi pregoeira nas Festas do Gaiteiro de Soutelo de Montes no ano 2019. O mellor de vivir en Forcarei é para ela a natureza, os ceos tan azuis e luminosos ao estar afastados de calquera contaminación “que é o mal da sociedade moderna”.Por outra parte están as relacións afectivas, o sentimento de comunidade “como te desenvolves coas súas xentes, todo isto faite regresar e estar cómoda”.“O mellor de ser muller é todo. En relación co home fisioloxicamente non hai ningunha diferencia mais no plano cultural “un cento delas”. Xa desde unha perspectiva histórica as mulleres non tiñamos liberdade e eles si, sempre.”Carme nunca tivo que enfrontarse a discriminación laboral pois “a Administración non discrimina nas retribucións nin na promoción”.Para chegar á igualdade efectiva e real entre mulleres e homes recomenda ás mulleres de Forcarei que sexamos conscientes do noso valor, non somos nin mellores nin peores que outro ser humano, que se persista na defensa dese valor con actitudes como persoa e sen que haxa limitacións polo xénero de cada unha.Ás mozas que van iniciar a súa vida laboral aconsella que sexan boas profesionais, que se acoiracen e resistan os embates destes mundos masculinizados e se se dera calquera agresión contra a integridade persoal, denunciar sempre. Nas relacións interpersoais o mesmo, se che fan a vida imposible, denunciar e denunciar.Afeccionada á lectura, a palillar tecendo encaixes, á restauración de mobles como de apeiros antigos, a camiñar e viaxar.Nos seus plans a nivel profesional ten pensado continuar na universidade como docente e investigadora ata os 70 anos e no persoal ten un labor apaixonante que é “coidar a casa dos avós, para que non se perdan os obxectos do seu traballo que hoxe non están en uso. Restaurando os seus mobles e as súas cousas síntome ben”.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​