lugares de interese
Torre de Barciela
Construción do século XV situada no iglesario de Santa Mariña de Castrelo. Data do século XVI e está composta por tres corpos, o primeiro rectangular cunha hornacina, o segundo é unha plataforma destinada a acender lume como sinal luminoso e albergar campás como sinal acústico e o terceiro un pequeno frontis con cornixa de lousa que antigamente albergaba un pináculo, hoxe desaparecido. A súa función era convocar aos veciños da zona ao culto e ás xuntas xerais de montes, así como alarma se se detectaba a incursión de bandas de asaltantes, sobre todo durante as guerras carlistas. Na contorna do iglesario de Santa Mariña de Castrelo emprázase un singular cruceiro con imaxe da Virxe cunha espada cravada