lugares de interese
Ruta das Pontes do Lérez
A Ruta das Pontes do Lérez é un sendeiro lineal de 14,6 km que discrurre, na súa maior parte, en pararelo ao río Lérez, unindo o Mosteiro de Aciveiro e á localidade de Gaxín. O percorrido é de dificultade media baixa e pode ser realizado por prácticamente calquera tipo de público. Existen algunhas zonas nas que o trazado se estreita e pode haber risco de caída, e zonas de cruce de regatos, para o que se require unha mínima forma física. A nivel paisaxístico, durante o percorrido predominan os ecosistemas de bosques de galería, nos que abundan especies arbóreas como o bidueiro, o abeleiro ou o carballo e se poden observar especies de aves tan características destes medios como a garza ou o cormorán.