lugares de interese
Observatorio Astronómico de Forcarei
Situado en As Casetas nunha parcela de 10.000 m2 afastado do núcleo urbano. Sobre un edificio de planta circular de 8 metros de diámetro emprázase unha cúpula de 5 metros onde se alberga o telescopio principal. levan a cabo actividades relacionadas coa investigación e divulgación. O telescopio, de alta calidade, é de fabricación americana. A posta en marcha do proxecto foi posible grazas ao apoio económico do Concello de Forcarei, a Deputación Provincial de Pontevedra, a Unión Europea a través do programa LEADER+MONTES e a extinta Caixanova.