lugares de interese
Monte Seixo
O monte Seixo é un pico de 967 m de altitude que pertence á Serra do Cando. No ascenso ao monte predominan as paisaxes rurais de alternancia entre pequenas aldeas, zonas de labradío e pastos e cultivos forestais de piñeiros e eucaliptos. O cumio do monte presenta vexetación típica de queirogais, con vistas sobre o concello de Forcarei. Sen embargo, o cumio está ocupado por numerosos aeroxeneradores e fragmentado polas pistas abertas para o acceso ao mesmo, polo que o seu valor ecolóxico e paisaxístico se atopa moi mermado e, polo tanto, non ofrece un entorno óptimo para o disfrute do visitante.