lugares de interese
Mámoas
No Concello de Forcarei están identificadas e cartografiadas 77 mámoas. As mámoas son montículos do terreo que, no neolítico,m se empregaban como zona de enterramento dos defuntos. Soen situarse en montículos e cerca de zonas de paso. O elevado número de mámoas fan que sexa un recurso interesante de cara a realización e instalación de paneis informativos e interpretativos que expliquen a súa estructura, a función, e a súa historia.