lugares de interese
Fervenza de A Graña Albariza e antiga central
Fervenza de A Graña ou Trasdomonte. A investigación e visitas particulares á contorna da Graña en Trasdomonte, traduciuse no “descubrimento” dun espazo natural e industrial que está en desuso e abandonado e que está a espertar un gran interese entre os habitantes e os visitantes. A fervenza, unha albariza, antiga central ou fábrica da luz, pantano e un miradoiro son elementos de unión desta contorna que merece unha posta en valor sostible e ordenada para que o posible aumento de visitas non se volva en contra da súa conservación.