A alcaldesa responde

escudo

lugares de interese

Centro Etnográfico: Terra de Montes

O centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO), situado no Multiusos de Soutelo de Montes é un lugar dedicado ó estudio, conservación e divulgación do patrimonio cultural e material da comarca. Este museo dispón dunha colección con mais de 1200 pezas (740 expostas). 

O labor do Centro é evitar que a herdanza dos nosos devanceiros sexa pasto do esquecemento. A través dos obxectos tentamos amosar o que foi a vida cotiá na zona ata os anos sesenta do século XX., isto é, antes da desaparición da cultura preindustrial. As pezas expostas non teñen polo tanto valor económico, non son fermosas ou exóticas, son a testemuña dun xeito de vida.

O centro ten un espazo adicado ao tecido, á roupa, á infancia. O mundo complicado do tear está moi ben documentado a través de obxectos como ripos, espadeleiros, sarillos, tear etc. Tamén se poden atopar obxectos relacionados coas crenzas relixiosas, coma un confesionario, un peto das ánimas. Tamén conta con un lugar adicado a emigración, pola importancia que tivo na desaparición da cultura tradicional, atópase representado por un baúl, cartas e fotos.

Os oficios tamén teñen un lugar no centro etnográfico, por unha parte ós oficios relacionados co traballo da madeira: serranchíns, zoqueiros e carpinteiros admáis doutros oficios: o equipo dos cereiros e as ferramentas dos canteiros.

Finalmente, a representación do traballo máis importante dos labregos: o campo. Arados, carro, sementadeiras, gadañas, mallos, etc. permiten reconstruír as formas de traballo dos campesiños na Terra de Montes.

Textos e imaxes de http://www.cetmo.info

Nome: Centro Etnográfico: Terra de Montes

Categoría: Centro de Interpretación

Municipio: Forcarei

Parroquia: Soutelo de Montes

Figura / Grado de protección: Ningunha

Datos de apertura: Pendente de obras

Función actual: Museo

Código: F18

Función anterior: Vivenda

Horario: Pendente

Propiedade: Privada

Propiedade: Bo

Acceso principal: Estrada asfaltada

Estado de conservación: Bo

Sinalización do acceso: Si

Sinalización informativa: No

Aparcamento: Non

Outra infraestructura: No

Avaliación do potencial do recurso turísitico (máximo 5, mínimo 1)

Singularidade: 5

Accesibilidade: 3

Atractivo: 5

Seguridade: 4

Resistencia ao impacto: 2

Facilidade de instalación: 4

Galería de imaxes

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​