lugares de interese
Carballeira e capela de San Amaro
A capela de San Amaro atópase en ruinas e está rodeada dun bosque de carballeira. Trátase dunha zona de gran beleza e valor paisaxístico pola combinación das ruinas e o bosque autóctono. Conta con sinalética informativa, se ben non é espeífica do lugar, mostra os valores do concello de Forcarei, e non está realizada con criterios de accesibilidade e interpretativos.