A alcaldesa responde

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

III TORNEO OPEN DE DOMINÓ DO CONCELLO DE FORCAREI

15 15Europe/Madrid Outubro 15Europe/Madrid 2022 @ 10:15 - 20:00

Máis dun centenar de persoas asistirán esta fin de semana en Forcarei no III Torneo Open de Dominó do Concello de Forcarei. Celebrarase este sábado, 15 de outubro, no restaurante París, en horario de 10.15 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, cando terá lugar a entrega de premios. Participarán máis de 50 parellas dos oito equipos federados nas catro provincias galegas.
Tal e como explicou Rafael Fiestras, do Club Dominó Forcarei, este torneo puntúa para a clasificación galega que permite xogar no campionato de España por equipos. A alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel, que se reuniu con Fiestras en varias ocasións, comprometeu o apoio do Concello para a celebración deste evento.
Moita sorte a tod@s!

Detalles

Data:
15 15Europe/Madrid Outubro 15Europe/Madrid 2022
Hora:
10:15 - 20:00

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​