- Este evento pasou.
I Xornadas das músicas da Terra de Montes, do músico Rubén Troitiño
Compartimos a programación das I Xornadas das músicas da Terra de Montes, organizadas polo músico forcaricense Rubén Troitiño a raíz do seu proxecto Músicas da Terra de Montes no que intenta englobar as músicas das zonas do concello de Forcarei e do antigo concello de Cerdedo.
?O Concello de Forcarei colabora coa organización do evento, que se celebrará en dúas xornadas, unha en Cerdedo dedicada ás bandas de música (o 15 de outubro) e outra en ?Soutelo de Montes, dedicada á música tradicional (➡️ o 22 de outubro).
Haberá exposicións, conferencias, presentacións de proxectos, mesa redonda, obradoiros, concertos e ruada aberta.
‼️ INFO COMPLETA: www.musicasdaterrademontes.com
? Entrada gratuita