- This event has passed.
A PELÍCULA ‘MALENCOLÍA’ CHEGA A FORCAREI CO CICLO DE CINE MESTRE MATEO
15 15Europe/Madrid Outubro 15Europe/Madrid 2022 @ 18:00
SÁBADO, 15 DE OUTUBRO
Auditorio de Soutelo de Montes
18.00 horas
O ciclo de cine Mestre Mateo regresa a Soutelo de Montes esta fin de semana coa proxección da película ‘Malencolía’. Sira e Pepe, tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, mercarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada. Chegados á aldea descobren con sorpresa que teñen unha peculiar veciña chamada Isolina.
Dirixida por Alfonso Zarauza e producida por Maruxiña Film Company, a película obtivo 11 candidaturas finalistas aos XX Mestre Mateo, resultando premiados polos seus traballos os intérpretes Iolanda Muíños e Diego Anido.
O evento, gratuíto para todas as persoas asistentes, terá lugar este sábado, 15 de outubro, no auditorio de Soutelo de Montes, ás 18.00 horas.
O ciclo de cine Mestre Mateo está promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra e busca dotar a varios concellos da provincia duna programación estable de cine en galego.