Escolas deportivas
a ESCOLA DEPORTIVA
O 29 de Setembro de 2008 presentouse oficialmente na Sala de Exposicións do Concello de Forcarei a Escola Deportiva Provincial e Municipal de Forcarei.
Acto no que estiveron presentes D. José Enrique Sotelo (Deputado Provincial delegado de Deportes), D. Francisco Teixeira (Técnico Deportivo da Deputación Provincial de Pontevedra e Coordinador do Proxecto Escolas Deportivas da Deputación Provincial de Pontevedra), e D. David Raposeiras (Alcalde de Forcarei)
Cursos de formación
A Escola Deportiva da Deputación Provincial de Pontevedra supón que se impartan dous cursos de formación deportiva, en Forcarei:
- Fútbol Sala: orientado a nenos de 4 a 14 anos, agrupados por idades. O horario de adestramento e o seguinte: luns, mércores e xoves de 17:00 a 19:00 horas. As clases impártense no Pavillón Deportivo Paco Rubio de Forcarei.
- Patinaxe artístico: As clases danse no el Pavillón Deportivo Paco Rubio de Forcarei os martes de 17:00 a 20:00 horas.
O Concello de Forcarei tamén dispón da súa propia Escola Municipal de Tenis.
Esta conta con dúas pistas de tenis ó aire libre, ubicadas unha no núcleo de Forcarei e a outra en Soutelo de Montes. Son de acceso libre e nela realízanse diversos torneos coincidentes coas festas patronais de San Roque (Soutelo) e das Dolores (Forcarei). Os sábados pola mañá impártense as clases en Forcarei, de 11:00 a 14:00 horas e pola tarde en Soutelo de Montes, de 15:00 a 19:30 horas para todos os públicos.