RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Vista a solicitude de rescisión de contrato da Traballadora Social deste Concello con
data 29 de xaneiro de 2024, aprobada por Resolución de Alcaldía 2024-0007 de 23/01/2024.
Vista a formación dunha Bolsa de Emprego para o posto de Traballador/a Social para
o Concello de Forcarei de data 15/06/2022.
E vistas as renuncias presentadas polas candidatas según o número de orde dentro
da citada Bolsa que non xerará por sí mesma dereito algún fronte ao Concello de Forcarei e,
por tanto, non producirá relación xurídica algunha co mesmo tendo só efecto de poder ser
chamados/as polo Concello en caso de necesidade, esta Alcaldía, sendo competente para a
resolución do presente expediente, en función do establecido na lexislación vixente e nas
bases reguladoras do mesmo,
RESOLVE:
PRIMEIRO.- Nomear a Dona LUCÍA ROSALES OTERO, para o posto de TRABALLADORA
SOCIAL PARA OS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS DO CONCELLO DE
FORCAREI.
SEGUNDO.- Requerir a Dona LUCÍA ROSALES OTERO, para que no prazo de dous (2) días
hábiles contados dende o día seguinte da notifcación da presente resolución, presente a
documentación prevista na base 4.4 da convocatoria, como trámite previo á toma de
posesión.
TERCEIRO.- Facer pública a presente resolución mediante a súa publicación no Taboleiro de
Anuncios, na páxina web municipal e na Sede Electrónica do Concello de ForcareI.