Camiño Miñoto Ribeiro
O Camiño Miñoto Ribeiro é un dos máis antigos camiños que unen o norte de Portugal con Santiago de Compostela. O seu trazado iniciase en Braga, consta dunha lonxitude total de 173,7 km e segue percorrendo, na súa maior parte, a través dos mesmos sendeiros, calzadas romanas e camiños medievais.
Descrición
Este camiño comunicaba castros e poboacións prehistóricas, ademais dos abundantes asentamentos megalíticos e túmulos sepulcrais. Engloba entre outros caracteres, tres elementos diferenciadores que lle confiren un carácter específico propio: “Natureza, Termalismo e Viño”.
Historicamente, este camiño é a outra vía excepcional que unía o norte de Portugal con Galicia.
O Miñoto Ribeiro ten un trazado de 25 km dentro de Forcarei, pasando por Portela de Lamas ➡️ Soutelo ➡️ Vilapouca ➡️ Ventoxo ➡️ Vilar ➡️ A Freixeira ➡️ Chachafeiro ➡️ Cabanas ➡️ Gaxín ➡️ Forcarei ➡️ Chamosa ➡️ Salgueiro ➡️ As Casetas ➡️ A Carballeira ➡️ Levoso ➡️ Quintillán ➡️ A Rúa e ➡️Barrio.
Trátase da Ruta do Interior, en contraposición ao roteiro da costa por Tui e Valença.
O camiño ten 3 entradas desde Portugal a Galicia
- O itinerario principal, dende Braga cara a Vilaverde, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Monçao e Melgaço atravesando o Concellos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Ribadavia, Beade, Leiro, O Carballiño, Boborás, Beariz, Forcarei, A Estrada, Vedra, Boqueixón e Santiago de Compostela.
- Braga, Ponte da Barca cara a Baixa Limia, Lobios e Entrimo, Castro Leboreiro, onde xa se uniría co itinerario principal.
- Terras de Bouro ata as proximidades da vila de Lobios, Entrimo e Castro Leboreiro (Portugal), onde se uniría o itinerario principal.
recursos turísticos
Ao longo do camiño se identificaron unha serie de recursos turísticos, tanto culturais e etnográficos como naturais, que foron analizados co obxectivo de valorar a pertinencia de instalar sinalización informativa ou interpretativa ao longo do camiño. O obxectivo desta sinalización é identificar e poñer en valor os distintos recursos do concello que se atopan nas inmediacións do trazado. Estes recursos foron valorados en base á súa calidade, interese, estado de conservación, valor paisaxístico e distancia ao camiño. Unha vez realizada a valoración, foron seleccionados 14 recursos que se considera que deben contar cun panel informativo ou interpretativo, son os seguintes:
- Mámoa do Carrascal
- Cruceiro en Soutelo de Montes
- Antigo concello en Soutelo de Montes
- Chalet indiano en Soutelo de Montes
- Igrexa e cruceiro de Ventoxo
- Carballeira da Freixeira
- Ponte de Gomail
- Casa grande dos Mariño
- Igrexa e cruceiro de Forcarei
- Represa e Muíño de Quintillán
- Igrexa e cruceiro de Quintillán
- Escola pública antiga Rosalía de Castro, (Fundación Galicia Verde.)
- Capela de San Amaro e carballeira
- Igrexa, cruceiro e palleira de Meavía