Camiño da Geira e dos Arrieiros
Descrición
Este camiño une a localidade de Braga con Santiago de Compostela a través de 239 km de percorrido.
Os primeiros 68 km do camiño, dende a Catedral de Braga ata o río Limia, en Lobios, discorren pola calzada romana coñecida como Geira, que unía Bracara Augusta con Austurica Augusta. Nos seguintes 40 km, na zona de Castro Lobeiro, alcánzanse altitudes de 1040 m. A continuación, descéndese ata os 400 m e éntrase na zona do río Miño e do Ribeiro, onde abunda a paisaxe de viñedos. Os últimos 92 km correspóndense coa principal ruta seguida polos antigos transportistas de viños do Ribeiro ata Compostela, coñecidos como os Arrieiros.
RUTA XACOBEA DA GEIRA E DOS ARRIEIROS (14 km): Pardesoa ➡️ O Sixto ➡️Soutelo de Montes➡️ Vilapouca➡️Ventoxo ➡️ Fontela ➡️ Acevedo ➡️Freixeira ➡️Cachafeiro➡️Cabanas ➡️ Gaxín ➡️ A Mámoa
recursos turísticos
Ao longo do camiño se identificaron unha serie de recursos turísticos, tanto culturais e etnográficos como naturais, que foron analizados co obxectivo de valorar a pertinencia de instalar sinalización informativa ou interpretativa ao longo do camiño. O obsectivo desta sinalización é identificar e poñer en valor os distintos recursos do concello que se atopan nas inmediacións do trazado. Estes recursos foron valorados en base á súa calidade, interese, estado de conservación, valor paisaxístico e distancia ao camiño. Unha vez realizada a valoración, foron seleccionados 9 recursos que se considera que deben contar cun panel informativo ou interpretativo, son os seguintes:
- Igrexa e cruceiro de Pardesoa
- Antiga escola
- Cruceiro en Soutelo de Montes
- Antigo concello en Soutelo de Montes
- Chalet indiano en Soutelo de Montes
- Igrexa e cruceiro de Ventoxo
- Carballeira da Freixeira
- Ponte de Gomail
- Mámoas do Campo das Santas