A alcaldesa responde

Bono de alugueiro social do plan rehavita. Participación no programa de subvencións (vi482a e vi482b)

OBXECTO: convocar as axudas do Programa do bono do alugueiro social, para o ano 2021, con financiación plurianual.

PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva

AS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE BONO DO ALUGUEIRO SOCIAL ESTÁN DESTINADAS A ATENDER CON CARÁCTER URXENTE AS SEGUINTES UNIDADES DE CONVIVENCIA:

  • Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por impago das rendas.
  • Vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento.
  • Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións…
  • Aquelas que, tivesen sido beneficiarias do programa Aluga, e tiveran desfrutado na súa totalidade da subvención de dito programa e tivese finalizado o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugueiro social.
  • Aquelas que sendo arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, tivese finalizado a vixencia do seu contrato, a partires da entrada en vigor desta orde.
  • Aquelas as cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite de ingresos mínimos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
  • Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou do Sareb, finalizaran a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono de alugueiro social.

REQUISITOS PERSOAS BENEFICIARIAS:

  • Estar empadroadas e ter residencia efectiva nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia durante os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.
  • Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento , cunha duración mínima dun ano.
  • Que a vivenda constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual ou permanente.
  • Que a renda do contrato non supere os 350€ ( para o caso do concello de Forcarei).
  • Que os ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria sexan iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM.
  • Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora.
  • Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou usufruto, a excepción de que dispoñendo dela non goce do seu uso ou desfrute por tratarse dunha vivenda insuficiente ou inadecuada por razóns de habitabilidade e mobilidade.
  • Que as persoas membros da unidade de convivencia estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

IMPORTE MENSUAL: desta axuda para o concello de Forcarei será dunha contía de 175€ mensuais.

PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

  • O prazo de presentación de solicitudes esténdese ata o 10 de decembro de 2021.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Tamén se poderán presentar presencialmente por calquera dos medios establecidos na normativa de procedemento administrativo común das administracións públicas.

ENLACE SEDE ELECTRÓNICA XUNTA DE GALICIA: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=VI482A

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​