A alcaldesa responde

As festas do Santo Cristo de Meavía volven a Forcarei tras a pandemia

• O primeiro gran evento festivo despois de dous anos de importantes restricións celebrarase os vindeiros 15, 16 e 17 de abril, con verbenas nas que estarán Olympus, Finisterre, La Oca Band e Meavía Rock• O Concello de Forcarei colabora coa comisión de festas nesta celebración, principalmente no acondicionamento das zonas do campo da festa e da igrexa👉Tras dous anos de pandemia polo covid-19 e de importantes restricións, as festas regresarán a vindeira semana en toda a súa dimensión ao concello de Forcarei, coa celebración do Santo Cristo da Agonía de Meavía. Terán lugar os días 15, 16 e 17 de abril.O Concello colabora coa celebración. A alcaldesa Verónica Pichel reuniuse días atrás co presidente da comisión de festas, Ángel Mario Rozados, para analizar as necesidades da parroquia de cara ao desenvolvemento das festas, e a brigada de operarios municipais xa está traballando na zona acondicionando o campo da festa e o contorno da igrexa para que todo estea nun estado óptimo a vindeira semana. Colocaranse tamén novos contedores de lixo e unha tarima de madeira e cadeiras para as actuacións do domingo, entre outras accións.A comisión de festas deseñou un atractivo cartel para recuperar esta tradicional e popular cita en honra ao Santo Cristo da Agonía que non se celebraba en Meavía dende abril de 2019. Durante os últimos anos as festas parroquias limitáronse a pequenos actos relixiosos, sen rastro das populares verbenas.As actividades en Meavía comezarán a noite do vindeiro 15 de abril, cunha gran verbena a cargo das orquestras Olympus e Finisterre. O sábado 16 a verbena correrá a cargo de La Oca Band e Meavía Rock, con tirada de fogos de artificio ás 00.00 horas. Haberá pulpeiro estes dous días.Finalmente, o domingo 17 celebrarase ás 12.30 horas a misa solemne a procesión, e posteriormente haberá sesión vermú amenizada polos Charangaitos e o dúo Punto Cero. Xa pola tarde haberá inchables gratuítos para @s nen@s e as actuacións de Decotío Gaiteiros e Charangaitos (18.00 horas) e do dúo Punto Cero ( 22.00 horas).

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​