O músico forcaricense José María Álvarez Sanmartín, acordeonista de Presqueiras, visitou recentemente o Concello de Forcarei para entregar a alcaldesa Verónica Pichel un agasallo moi especial. Trátase dunha composición musical, con letra e melodía, titulada ‘Terra de Montes. Loanza á emigración’.A peza, que xa foi rexistrada na Sociedad General de Autores, súmase a outras da súa creación, como ‘Xota de Forcarei’, Muiñeira do Portalén’, ‘Vals da Virxe do Castro’ ou ‘Muiñeira de Forcarei’.’Loanza á emigración’ xurdiu tras toda unha vida lonxe da súa terra. O propio Álvarez Sanmartín marchou con só 10 anos a traballar na construción en Villablino, aínda que antes xa lle dera tempo a aprender na banda La Bandeira de Cerdedo e a tocar o acordeón tamén con Poceiro en Pontevedra. Con 14 foi traballar a Andorra, con 16 a Francia e con 18 volveu a Galicia para facer a mili na Escola Naval Militar de Marín, onde entrou na banda de música. Posteriormente traballou en Madrid e despois trasladouse a Suíza, país no que formou familia e no que desenvolveu a súa faceta máis musical en conxuntos como Plenitud o Los Príncipes, ata que formou a Orquestra Santa Bárbara, coa que percorreu todo o país tocando con outras importantes orquestras e con artistas como Masiel ou Manolo Escobar, entre moitos outros artistas.Xa xubilado, Jose María cumpriu o soño de volver a Forcarei, a “Presqueiras, o noso paraíso”, aínda que tamén pasa temporadas en Suíza e Cataluña coa familia.Con ‘Loanza á emigración’ quere lembrar a todas as persoas que tiveron que marchar lonxe da súa casa e agradecer tamén a Asociación Amigos da Terra de Montes o seu traballo por manter viva a historia desta terra. E a ‘Xota de Forcarei’, da que se sente moi orgulloso, compúxoa a petición do Centro Galego de Xenebra.Álvarez Sanmartín recibiu o pasado mes de outubro, de mans da alcaldesa de Forcarei Verónica Pichel, a insignia de ouro da Asociación de Amigos da Terra de Montes.
Categorías
Entradas recientes
4º CAMPAMENTO DE VERÁN DO CONCELLO DE FORCAREI
12 de Xuño de 2023
CARTEL GAÑADOR DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
7 de Marzo de 2023