Dentro da batería de actuacións que está levando a cabo o Concello de Forcarei por todas as parroquias, os operarios afrontaron recentemente o acondicionamento de rotondas no polígono de Vilapouca e rozas no parque de Venezuela, na piscina de Soutelo e no parque de Vilapouca, entre moitos outros lugares. Así mesmo, o Concello tamén podou as árbores do recinto da piscina de Forcarei.










