A alcaldesa responde

A voceira do Partido Popular recorre á Garda Civil para esixir un trato diferente no Concello

• Quería que se lle adiantara determinada documentación ao estar en desacordo coas datas fixadas pola Alcaldía para acceder á mesma• A alcaldesa lembra a Belén Cachafeiro que debe acatar o procedemento administrativo como calquera veciña ou veciñoA voceira do Partido Popular de Forcarei, Belén Cachafeiro, acudiu hoxe ao cuartel da Garda Civil para denunciar que funcionari@s municipais negáronse a adiantarlle documentación á que poderá acceder en próximas datas tal e como se lle comunicara formalmente dende a Alcaldía.A concelleira presentou recentemente varias solicitudes de información sobre diferentes expedientes e o Concello contestoulle dentro dos cinco días seguintes que establece a normativa sinalando datas concretas (19 e 29 de abril) para darlle acceso a algúns deles, ou matizando que, dada a actual carga de traballo, se lle daría en canto fora posible.Cachafeiro, que acudiu acompañada doutro concelleiro, esixiu esta mañá que se lle facilitara a documentación e anunciou a boa parte do persoal do Concello que acudiría á Garda Civil se non lle daban o que quería. E así o fixo, pois pouco despois da súa saída das dependencias municipais, algún funcionario recibiu aviso para acudir a declarar ao cuartel ao día seguinte.A alcaldesa, Verónica Pichel, que non se atopaba na casa consistorial cando aconteceu a protesta de Cachafeiro, entende que a voceira popular debe asumir que as normas están para que as cumpra toda a veciñanza, incluíd@s concelleir@s ou deputad@s. A única diferenza á hora de solicitar acceso a documentación entre concelleir@s e veciñ@s radica no tempo que ten o Concello para contestar á petición, de cinco días no primeiro caso e cun prazo máis longo no segundo.

contacta coa alcaldesa

A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.​