SÁBADO, 23 DE ABRIL
AUDITORIO DE SOUTELO DE MONTES
18.00 horas.
Entrada gratuítaA película A Virxe Roxa, gañadora do Mestre Mateo ao Mellor Documental, conta un suceso que conmocionou á sociedade española dos anos 30 do século pasado, protagonizado por Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart, unha moza que con só 18 anos se converteu nunha das feministas máis destacadas da Segunda República Española, pero que pasaría á historia por ser asasinada a mans da súa nai.O documental, dirixido por Marcos Nine, conta con Amalia Mato e Chema Gagino, responsables da idea orixinal, na produción executiva. Ademais de gañar o premio ao Mellor documental, tamén foi finalista na categoría de Mellor montaxe e resultou premiado en festivais internacionais como DOCA ou Blackboard.
O Ciclo de Cine Mestre Mateo é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación, que trae ao concello de Forcarei películas gañadoras e finalistas dos Premios Mestre Mateo nas categorías de longametraxes e documentais.
‘A virxe roxa’, gañadora dun Mestre Mateo, chega a Forcarei co #CicloMestreMateo
Categorías
Entradas recientes
ANUNCIO. PLAN MAIS PROVINCIA ( LIÑA 3): ACTIVACIÓN DO EMPREGO 2024.
21 de Xaneiro de 2025
4º CONCURSO DECORACIÓN DE NADAL DE ALDEAS E VIVENDAS DO CONCELLO DE FORCAREI 2024-2025
7 de Novembro de 2024