O Concello de Forcarei celebrou esta mañá no cemiterio de Soutelo de Montes un acto de homenaxe a Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo, cando se cumpren 50 anos do seu falecemento. A Banda de Gaitas de Forcarei interpretou varios temas como a Muiñeira de Chantada ou o Himno de Galicia, entre outros, durante a ofrenda floral no panteón de Cachafeiro.A alcaldesa Verónica Pichel, destacou a relevancia da figura de Avelino Cachafeiro para tod@s os forcaricenses e para Galicia. “É un orgullo para Soutelo de Montes e para todo o concello de Forcarei, tanto polo seu indubidable valor cultural e artístico, como porque dalgún xeito converteuse nun gran referente da nosa música popular e un emblema do noso sentimento galego”.No acto participaron tamén o músico e investigador Rubén Troitiño, que tocou unha peza cun punteiro orixinal de Cachafeiro, e Bautista Alberte Fírvida, xunto a outros familiares do gaiteiro. Asistindo tamén Pedro Magariños, da Asociación de Gaiteiros de Galicia e Tomás Sanchos, da Asociación Amigos da Terra de Montes.
Categorías
Entradas recientes
ANUNCIO. PLAN MAIS PROVINCIA ( LIÑA 3): ACTIVACIÓN DO EMPREGO 2024.
21 de Xaneiro de 2025
4º CONCURSO DECORACIÓN DE NADAL DE ALDEAS E VIVENDAS DO CONCELLO DE FORCAREI 2024-2025
7 de Novembro de 2024