O Concello abre o prazo de inscrición ata o 23 de xuño e o servizo desenvolverase entre o 3 de xullo e o 8 de setembro
Despois do gran éxito acadado nos últimos anos, o Concello de Forcarei acaba de anunciar a convocatoria da 4ª edición do campamento de verán municipal coa apertura do prazo de inscrición, aberto ata o vindeiro 23 de xuño.
“A experiencia dos últimos veráns reafirma o compromiso do noso goberno con axudar ás e aos forcaricenses coa conciliación da vida laboral e familiar ofrecendo alternativas de ocio atractivas para as nenas e nenos”, manifestou a alcaldesa en funcións, Verónica Pichel.
O 4º campamento de verán do Concello de Forcarei e gratuíto para as familias e está dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos (nacid@s entre 2011 e 2019). Comezará o 3 de xullo e prolongarase ata o 8 de setembro. Como nas anteriores edicións, volverá a haber grupos abertos tanto en Soutelo de Montes (nas instalacións do auditorio municipal) como en Forcarei (no centro social). As actividades terán lugar de luns a venres en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.
As familias interesadas deben cubrir a solicitude e presentala, nas oficinas de rexistro do Concello ou por sede electrónica (ou descárgalo na web www.forcarei.gal). Terán que entregar tamén fotocopias de DNI, libro de familia ou documento que acredite a situación familiar, título de familia numerosa se é o caso, xustificante de ocupación laboral e documentación que acredite a mobilidade ao posto de traballo ou a non posibilidade de teletraballo. Non obstante, as que xa participaron nas Tardes de Lecer ou nos anteriores campamentos de verán ou de nadal unicamente teñen que presentar a solicitude de inscrición.
O prazo de inscrición remata o 23 de xuño. As prazas son limitadas e as nenas e nenos que falten máis de 3 días sen xustificar ao campamento quedarán excluíd@s, dando paso á lista de espera. Para a adxudicación das prazas terán prioridade @s empadroad@s e terase en conta a situación familiar d@s nen@s: número de membros da unidade familiar, se as nais e pais traballan, etc.
A programación do campamento inclúe todo tipo de actividades. Haberá sesións formativas para repasar os diferentes contidos aprendidos durante o curso escolar, obradoiros de manualidades, teatro, lectura, cociña… , actividades para fomentar a imaxinación e o traballo en equipo, e tamén moitos xogos e algunhas saídas de excursión, así como algunha xornada de convivencia entre os grupos de Forcarei e Soutelo