- O Concello homenaxea ás veciñas e veciños de máis idade, ás 21 parellas que celebraron as vodas de ouro dende 2020 e ás tres parellas que máis anos levan casadas.
Forcarei (17-02-23). Chegou o día. Despois de varios anos sen poder celebrarse por culpa da pandemia polo coronavirus, unhas 300 persoas gozaron hoxe da Xuntanza dos Maiores do Concello de Forcarei cun xantar e unha festa na que houbo tempo para celebrar o Entroido e o Día dos namorados e que tivo unha mestra de ceremonias de excepción, a actriz e presentadora Isabel Blanco.
A alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel, valorou de xeito moi positivo o gran interese das veciñas e veciños por participar nesta xuntanza e durante a inauguración do evento agradeceu a “paciencia e a fortaleza dos maiores, especialmente nunha época tan dura que oxalá xa non se repita” e tivo palabras de recordo para as persoas que participaron en anteriores edicións desta festa e que xa non están.
Durante o celebración do evento, na que non faltaron a boa comida e a boa música, o Concello homenaxeou ás persoas de máis idade do municipio, ás parellas que celebraron as súas vodas de ouro desde 2020 e ás parellas que máis tempo levan xuntas.
Así, Verónica Pichel, acompañada por Isabel Blanco, entregou agasallos ás e aos maiores do concello. Alfredo Barro Janeiro (cumpre 90 este ano), Manuel Vilaboa Quintillán (90 anos), Estrella Santos Mira (90 anos), Jesús Pichel Villaverde (91 anos), Ramón Pérez Fernández (93 anos), Mercedes Codina Acuña (96 anos) e Julia Bouzas Castro (96 anos).
Tamén houbo sorpresas para 24 parellas, as que celebraron as súas vodas de ouro nos anos 2020 (8), 2021 (4), 2022 (3) e 2023 (6) e para as que máis tempo levan xuntas (3).
Vodas de ouro de 2020:
- Irene Filloy Cortizo e José Villar Mariño
- Manuel González Troitiño e Mª Carmen Sánchez Garea
- Clementina Gil Espiña e José María Fiestras Pichel
- Alfonso Morgade Sueiro e Dolores Fernández Dobarro
- Manuel Silva Carballeda e Mª Dulcinea Villaverde Rozados
- José Troitiño Edreira e Celia Bértolo Pérez
- Manuel Portos Varea e María Gloria Cortizo Rivas
- Vicente Barros Adán e María Cortizo Bértolo
Vodas de ouro de 2021:
- Josefa Barreiro Rivas e Jesús García Caramés
- Mª Dosita Rey Salgueiro e Victorino Míguez Pereira
- Rosendo Villaverde Brea e Milagros López Cordero
- Carmen Barreiro Barreiro e José María Pichel Villaverde
Vodas de ouro de 2022:
- Consuelo Constenla Graña e Celso García Viéitez
- Mª Carmen Canabal Silva e Victoriano Troitiño Granja
- María Rey Iglesias e Corsino Álvarez Roubín
Vodas de ouro de 2023:
- Mª Carmen Fiestras Janeiro e Manuel Vázquez Rozados
- Herminia Vázquez Rozados e José Manuel Panadeiro Darriba
- Mª Ángeles Alonso Taboada e José Gómez Gómez
- Mª Josefa Galego Villaverde e Francisco José Rodríguez Rodríguez
- Manuel J.Valiñas Rimas e Mª Carmen Rivas Barros
- Amancio Bértolo Arén e Adelaida Adán Rey.
Parellas que máis anos levan casadas
- Jesús Pichel Villaverde e Dolores Rivas Darriba (67 anos casados)
- Salvador Ramos Donsión e Argentina Álvarez Rey (67 anos casados)
- María González Vázquez e Eladio Dapena Fernández (64 anos casados).
Durante o baile sorteáronse varios pases para gozar dunhas sesións de balneario e houbo moitas sorpresas. Ademais, o Concello contou con servizo de ambulancia e co apoio de Protección Civil para garantir a seguridade do evento.